Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se
move.
A espranza nos teus ollos se
esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha
uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil
anos,
i en sonos volves a escoitar a
chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o
mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu
desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o
Outono.
Un paso adiante i outro atrás,
Galiza!
PENÉLOPE (Xosé María Díaz Castro)
BO ATARDECER E FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!
BICOS mil!!!